Febreiro 2019: Escaparate en obras
Cada mes dedicamos un dos nosos escaparates a un tema. Nesta sección, podes gozar deles sen ter que pasar pola nosa tenda física. Esperamos que che sirvan de inspiración! Como comezamos este mes coa remodelación do escaparate, non houbo máis remedio que facer obras, así que a temática do escaparate deste mes de febreiro son as obras.