Marzo ventoso e cheo de vida...
Este mes de marzo foi ventoso no escaparate da ferraxaría. Comezamos con cortinas lilas e moi poucos produtos no escaparate. Queriamos que a atención recaese sobre os carteis da muller traballadora. Pero o escaparate foi cobrando vida ao longo do mes, foise enchendo cos produtos máis valiosos da tenda e, finalmente, tamén coas novidades. Este mes recibimos moitas novidades, escaleiras de Nawa e un percheiro por só 5,90 euros. Un mes diferente...