En decembro pasaron os Reis e mais o Papá Noel!
Pasou decembro sen que vos puxésemos ao corrente do noso escaparate. Foi un mes moi sinxelo con pouca decoración e moito significado. As caixas do correo para os Reis Magos e para o Papá Noel estiveron á vosa disposición para pedir os agasallos que se podían comprar na ferraxería. E cando remataron as festas deunos moita pena sacalos do escaparate, pero había que dar paso ao mes de xaneiro que xa viña chamando á porta cos seus prezos baixos.