En xuño, tiradores e arte infantil
Despois de tanto tempo sen cambiar o escaparate, este mes decidimos facer unha homenaxe á arte. Non escollemos grandes obras de arte recoñecidas no mundo enteiro, senón as obras das máis pequenas da familia, desde os seus comezos. Escollemos cadros variados que nos achegan aos diferentes estilos de tiradores: étnicos, infantís, clásicos e modernos.