Información COVID-19
Ante a preocupación pola situación que estamos vivindo co COVID-19, Ferretería Veiga comunica as medidas que se foron tomando para protexer a saúde do noso equipo e clientela: Atención ao público: -Suspendemos temporalmente as visitas comerciais a clientes. -Pechamos a tenda -Continuamos coa atención telefónica no horario habitual. -Atendemos tamén por WhatsApp, Telegram e por correo electrónico. -A venda en liña segue aberta. Na tenda: -Activamos o uso de guantes para todo o persoal da tenda e un protocolo para desinfectarse as mans con solución hidro-alcohólica de maneira continuada. -Coidamos de que se manteña a distanza de seguridade entre as persoas. -Reforzamos a limpeza e desinfección de todas as superficies de contacto. Ademais: -Estamos atentos á evolución da situación para adaptar a nosa actividade da maneira máis idónea ás necesidades e novas normativas que poidan xurdir.