Marzo: mes das mulleres na ferraxaría
Na Veiga hai mulleres diante e detrás do mostrador. Mirade os pedimentos que fan as nosas clientas! Xa o ano pasado escribimos a historia das mulleres da familia, as que financiaron e gobernaron o negocio durante anos, as que traballaron para conseguir o que hoxe en día temos. Por iso este ano facemos unha homenaxe a todas as mulleres que axudan a que isto continúe en pé, ás da grande familia da ferraxería: Marta, que traballa na oficina ou na tenda, onde faga falta. E as nosas clientas, que temos moitas. Por vós , vai este escaparate. E que veñan moitos máis marzos de mulleres na ferraxería.