Xaneiro: hai que ir subindo a costa!
E para subir a costa, prezos baixos e escadas. Que máis podemos pedir? Os produtos que atopades no escaparate este mes custan todos menos de vinte euros, menos as escadas, que aínda que son máis caras, axúdannos a subir a costa de xaneiro. A escada máis grande incluso nos leva até as nubes. Aló arriba, polas nubes, vedes que tamén hai cousiñas de máis valor que baixaron de prezo!!! Animádevos que se atopan na páxina web!