Día Internacional da Muller
Neste mes de marzo, volvemos reivindicar as posibilidades de profesións que están abertas a mulleres e homes, moitas delas relacionadas cos artigos que vendemos. A profesión de ferraxeira é a que máis nos motiva, xa que nós somos ferrexeiras, pero tamén podes ver no noso escaparate, profesións do máis variado, algunhas delas igual ata as inventamos. Por exemplo, serradora ou lixadora, supoño que máis ben son parcelas do que fai unha carpinteira. Se non podes visitar o noso escaparate na Rúa Ourense en Lugo, síguenos no Twitter. Aí iremos publicando durante este mes outras profesións.